A Xunta destaca o papel de Galicia como destino estable e competitivo para a industria do futuro

Mércores, 06 Mai 2026 17:08
  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no encontro de rexións Advanced Factories 2026 onde comparte mesa con responsables de industria doutras comunidades autónomas neste foro estatal de referencia
  • No evento, Galicia foi recoñecida, xunto a outros territorios industriais, polo seu papel na última década impulsando unha industria máis intelixente, sostible e conectada

L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), 06 de maio de 2026

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá no encontro de rexións Advanced Factories 2026, unha das principais citas europeas sobre industria avanzada que se está a celebrar estes días na localidade barcelonesa de L´Hospitalet de Llobregat. No marco deste foro, interveu na mesa Rexións industriais en transformación: evolución e competitividade, xunto a responsables doutras comunidades autónomas.

A directora do Igape destacou a solidez da base industrial galega, cun ecosistema innovador en expansión e forte capacidade exportadora. Neste contexto, subliñou o papel das políticas públicas no acompañamento ás empresas e na mellora da súa competitividade, así como a importancia de facilitar o acceso ao financiamento e impulsar a internacionalización.

Así mesmo, Galicia preséntase como un destino fiable para o investimento industrial, grazas á estabilidade institucional, a seguridade xurídica e a colaboración público-privada, factores clave para atraer e consolidar proxectos empresariais a longo prazo.

No marco do encontro, Galicia foi recoñecida, xunto a outros territorios industriais, polo seu papel na última década impulsando unha industria máis intelixente, sostible e conectada. Finalmente, Toca subliñou como prioridade “industrializar a innovación” para trasladar os avances tecnolóxicos ao conxunto do tecido empresarial, especialmente ás pemes.

  • Lorenzana destaca o papel que debe facer a administración como aliada das empresas que queren investir en Galicia
    Ler máis
  • Rueda destaca a capacidade loxística e industrial de Galicia na chegada da multinacional SAIC
    Ler máis
  • Rueda reúnese con representantes de SAIC en Monte Pío
    Ler máis