Gráfico - ilustración

O Igape colabora con aceleradoras especializadas no sector da aeronáutica e a automoción, que buscan promover e acompañar a creación de empresas dentro destes sectores estratéxicos

BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de cuxo seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento; contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Business Factory Auto

BFAero é a aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia. O seu obxectivo é facer despegar empresas con ideas innovadoras procedentes de todo o mundo para o seu desenvolvemento e lanzamento no ámbito local, nacional e internacional.

Business Factory Aero

Busca atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, para facer fronte aos retos do sector nunha contorna global. BFFood ten por obxecto implementar programas de apoio ao emprendemento e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e á súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.

Business Factory Food

É un ecosistema para emprendedores promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia que dá soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores/as e empresas, aportando capital semente, formación, infraestruturas e asesoramento intensivo.

ViaGalicia

É unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), que da apoio a proxectos innovadores para facer fronte aos retos do sector ambiental e da economía circular nunha contorna global.

Business Factory ClimaTech

É un programa vertical de incubación, aceleración e consolidación de proxectos vinculados á industria do Deporte en Galicia que desenvolve o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia e impulsa a Xunta de Galicia.

Business Factory Sport