A Xunta enxalza o papel da Feira do Viño de Quiroga como un dos reclamos turísticos da Ribeira Sacra

Domingo, 09 Abril 2023 09:22
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o encontro, en cuxa 41ª edición participan 12 adegas.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, visitou hoxe a XLI Feira do Viño de Quiroga, que xunto coa de Amandi e Chantada é unha das máis antigas da contorna e que conta este ano coa participación de 12 adegas. Segundo subliñou o vicepresidente primeiro, encontros coma este forman parte dos mellores reclamos para atraer visitantes á Ribeira Sacra, recoñecida pola calidade e a excelencia dos seus viños con denominación de orixe.

O sector do viño en Galicia é unha industria estratéxica a nivel económico e laboral, e tamén é clave para o desenvolvemento turístico e a fixación de poboación no rural. Aglutina máis de 10.000 viticultores e case 300 adegas (81 da denominación de orixe Ribeira Sacra), cun valor económico superior aos 230 millóns de euros anuais.

  • Lorenzana destaca as achegas que as empresas tecnolóxicas poden facer á industria da seguridade e a defensa
    Ler máis
  • Lorenzana aposta pola innovación para crear un ecosistema industrial atractivo que permita captar novas empresas e atraer talento
    Ler máis
  • Lorenzana felicita a VIG-Sec Drone por ser unha das 15 empresas seleccionadas a nivel mundial para formar parte dunha aceleradora impulsada pola OTAN
    Ler máis