Conde apela a aproveitar as oportunidades que se lle presentan a Galicia no sector da enerxía e a I+D+i

Xoves, 13 Abril 2023 11:19

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, interveu no II Foro Económico de El Español, La Galicia que viene, onde apelou aproveitar as oportunidades que se presentan no ámbito da enerxía e a I+D+i a partir da colaboración público-privada.

Conde lembrou que, con infraestruturas tan necesarias como o Corredor Atlántico ou o hidroduto Guitiriz-Zamora que vai construír Enagás, Galicia quere conectarse aos grandes retos económicos e ter un papel relevante neles.

  • A Xunta aposta por industrializar a innovación e levar todo o potencial da intelixencia artificial a máis empresas galegas
    Ler máis
  • A Xunta reforza as relacións empresariais con México para impulsar novas oportunidades de investimentos
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a Xunta vai adxudicar os grandes proxectos industriais de seguridade, defensa e aerospazo priorizando a fabricación en Galicia
    Ler máis