Lugo, 20 de novembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na II Xuntanza da Asociación de Empresarios dos Polígonos do Ceao e As Gándaras, onde destacou o papel fundamental que desempeñan ambos espazos no desenvolvemento económico de Lugo.
Neste contexto, o delegado referiuse á necesaria colaboración entre o Goberno galego e as asociacións empresariais para abordar a política industrial de Galicia, “xa que son as que coñecen de primeira man a realidade das empresas, e traballando xuntos temos máis capacidade para afrontar retos e aproveitar novas oportunidades”.
Villares expuxo que as empresas precisan dunha Administración próxima, áxil e capaz de ofrecer respostas adaptadas ás súas necesidades, e referiuse á Oficina Económica do Igape ou os Polos de Emprendemento como instrumentos que canalizan e acompañan aos empresarios nos seus proxectos de negocio.