A Xunta destaca o labor de BNI Terramar para que o tecido empresarial da comarca do Barbanza aposte por ser máis dixital e sustentable

Sábado, 15 Abril 2023 11:20
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Ribeira na celebración do sétimo aniversario deste grupo de networking.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Ribeira na celebración do sétimo aniversario do grupo de networking empresarial BNI Terramar.

Na súa intervención, Conde destacou o labor desta entidade para que o tecido empresarial da comarca do Barbanza aposte por ser máis dixital e sustentable. O vicepresidente primeiro remarcou que esta asociación está fomentando a solidariedade e a cohesión entre os seus membros, apuntando que para a Xunta de Galicia sempre é un motivo de satisfacción constatar que o tecido empresarial traballa unido, buscando sinerxías e compartindo inquedanzas e obxectivos.

  • A Xunta reivindica o talento e a innovación aplicada como motores para reforzar a competitividade da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana e o Clúster Audiovisual Galego abordan os retos do sector no ámbito da innovación
    Ler máis
  • A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
    Ler máis