A Xunta avalía co empresariado galego as oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial

Xoves, 04 Mai 2023 12:29
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión con representantes da comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na que fixo fincapé nas oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial.

O responsable de Economía, Industria e Innovación resaltou que, a través da Axenda Enerxética de Galicia, a comunidade busca avanzar cara a un modelo sustentable e un novo mix enerxético con novas tecnoloxías -como poden ser o hidróxeno verde, os gases renovables e a economía circular, os biocombustibles, o almacenamento enerxético ou a eólica mariña.

Do mesmo xeito, Conde apuntou que a Xunta aposta por un modelo de transición enerxética ordenada, garantista, sustentable e respectuoso co medio ambiente, que permita achegar a familias, pemes e industria un prezo competitivo.

  • A Xunta destaca a intelixencia artificial como unha oportunidade para mellorar a competitividade do sector da madeira e o deseño
    Ler máis
  • A Xunta reivindica a moda galega como sector estratéxico e a innovación como panca para reforzar a súa competitividade
    Ler máis
  • A Xunta aposta por industrializar a innovación e levar todo o potencial da intelixencia artificial a máis empresas galegas
    Ler máis