A Xunta aposta pola innovación e a transformación dixital como garantía da mellora competitiva e do crecemento económico

Xoves, 17 Agosto 2023 09:33

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro co equipo directivo de DIHGIGAL, o hub de innovación dixital para a industria de Galicia, no que se avaliou a importancia da innovación e da transformación dixital nas nosas pemes para acadar unha posición de liderado competitivo a nivel global.

Na reunión púxose de manifesto a necesidade de seguir apostando pola colaboración coas administracións públicas para lograr o maior desenvolvemento do ecosistema industrial e tecnolóxico da nosa Comunidade e fortalecer as competencias das empresas, en especial as pemes industriais, ligadas á transformación dixital.

  • O Igape organiza unha xornada sobre as oportunidades actuais das empresas galegas nos Emiratos Árabes Unidos
    Ler máis
  • A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego
    Ler máis
  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ás empresas familiares por ser motor económico e atraer talento á comunidade
    Ler máis