Lorenzana mantén un encontro co Grupo Alvariño para coñecer os proxectos nos que traballa

Mércores, 30 Agosto 2023 13:44

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión esta mañá en Vigo con representantes do Grupo Alvariño para coñecer de primeira man os proxectos nos que está a traballar en eidos relacionados coas novas tecnoloxías, a mobilidade ou as enerxías renovables.

No encontro, a conselleira trasladou o labor que a Xunta está a facer para que Galicia conte cun tecido empresarial cada vez máis competitivo e a decidida aposta que se está realizando por ofrecer unha maior axilidade administrativa para que os proxectos empresariais saian adiante.

O Grupo Alvariño é unha empresa familiar de terceira xeración inicialmente dedicada ao sector da automoción que nos últimos anos está realizando un importante esforzo por diversificar a súa actividade cara a outros ámbitos como as TIC ou as enerxías renovables. 

 
  • A Xunta destaca a intelixencia artificial como unha oportunidade para mellorar a competitividade do sector da madeira e o deseño
    Ler máis
  • A Xunta reivindica a moda galega como sector estratéxico e a innovación como panca para reforzar a súa competitividade
    Ler máis
  • A Xunta aposta por industrializar a innovación e levar todo o potencial da intelixencia artificial a máis empresas galegas
    Ler máis