Lorenzana pon en valor o esforzo do tecido empresarial por comercializar produtos e servizos no mercado internacional

Domingo, 29 Outubro 2023 16:04
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións de D-Due
  • Apunta que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización
  • Informa de que, desde o pasado 23 de outubro e ata o vindeiro 23 de novembro, está aberta a convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, que suman máis de 3 M€

Rianxo (A Coruña), 28 de outubro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da firma D-Due, onde puxo hoxe en valor o esforzo que o tecido empresarial galego está facendo por diversificar mercados e comercializar os seus produtos e servizos noutros países.
Lorenzana apuntou que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización.

Ao respecto, informou de que, desde o pasado 23 de outubro e ata o vindeiro 23 de novembro, está aberta a convocatoria das dúas liñas de axuda neste sentido, que son o Galicia Exporta Empresas e o programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que suman máis de 3 M€, con axudas máximas que roldan os 95.000 euros e os 400.000 euros, respectivamente.

D-Due é una das 240 empresas que se teñen beneficiados destas ordes de axuda nos últimos anos, que lle serviron de apoio na súa estratexia de expansión internacional, especialmente, cara a países como Xapón, onde dispón de tenda propia.

  • Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas extraordinarias aprobadas pola Xunta para o sector da automoción, cun orzamento de 45 M€
    Ler máis
  • A Xunta avanza co sector na posta en marcha da Business Factory Energy para impulsar a innovación empresarial en enerxía
    Ler máis
  • Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract
    Ler máis