Lorenzana destaca o compromiso da Xunta co fomento da actividade empresarial e a implantación de pemes en Galicia

Venres, 06 Setembro 2024 20:10
  • A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe as instalacións da empresa Caravanas Juan
  • Sinalou que as medidas de apoio ao financiamento son a chave para lograr este obxectivo

 

O Porriño (Pontevedra), 6 de setembro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o compromiso da Xunta co fomento da actividade empresarial e a implantación de pemes en Galicia para o que considera chave as medidas de apoio ao financiamento.

Lorenzana visitou hoxe as instalacións da empresa galega Caravanas Juan, especializada na venda de caravanas e autocaravanas e cun servizo de reparación e instalación de accesorios que a converten nun referente en Galicia no seu sector.

Segundo explicou a conselleira, esta compañía é unha das beneficiarias da liña de crédito para pemes e autónomos da Xunta que este ano acada os 17,5M€ e que permanecerá aberta ata o 30 de setembro. Trátase dunha liña de apoios para facilitarlle ás empresas galegas o acceso ao crédito e as mellores condicións de financiamento para fortalecer a súa solvencia.

Ademais, esta liña complementa o programa de préstamos directos da Xunta que teñen o obxectivo de mellorar as condicións de acceso ao crédito do tecido produtivo e que se acaba de ampliar ata os 50M€.

María Jesús Lorenzana lembrou que a isto hai que sumar a labor de acompañamento e asesoramento que desenvolve a Oficina Económica de Galicia, que desde a súa posta en marcha o pasado mes de abril, leva atendido xa máis de 5.000 consultas de empresas.

  • Lorenzana aposta pola innovación para crear un ecosistema industrial atractivo que permita captar novas empresas e atraer talento
    Ler máis
  • Lorenzana felicita a VIG-Sec Drone por ser unha das 15 empresas seleccionadas a nivel mundial para formar parte dunha aceleradora impulsada pola OTAN
    Ler máis
  • Lorenzana convida a Thune Eureka a sumarse á iniciativa estratéxica de seguridade, defensa e aeroespazo
    Ler máis