A Xunta destaca o alto nivel de calidade, diferenciación e competitividade dos profesionais e empresas de deseño galegas

Martes, 01 Outubro 2024 18:03

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron nunha misión comercial organizada pola Xunta no marco do evento CreaFogar, na que empresas e artesáns galegos expuxeron as súas propostas e mantiveron reunións de traballo con arquitectos e interioristas, co obxectivo de contribuír a fortalecer a Marca Galicia no exterior.

O obxectivo desta misión é potenciar o deseño galego, os materiais e recursos naturais, poñer en valor os oficios tradicionais e tamén impulsar a comercialización e a internacionalización das marcas galegas.

Toca Carús destacou que este evento, no que se que amosan as últimas tendencias en sustentabilidade, eficiencia enerxética, ecodeseño, ecoinnovación ou novos materiais “é un bo exemplo da creatividade, innovación e compromiso coa calidade dos profesionais, artesáns e empresas galegas”.

  • A Xunta estreita os lazos económicos con Uruguai para abrir novas oportunidades de negocio e investimento
    Ler máis
  • A Xunta reforza en Arxentina os vínculos de colaboración en innovación, tecnoloxía e industria
    Ler máis
  • Rueda anuncia máis de 160 M € na nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con China e Mercosur como mercados prioritarios
    Ler máis