Xornada 'O acceso ao financiamento das empresas do sector Biotech'

Luns, 14 Outubro 2024 13:15

O vindeiro 29 de outubro, Santiago de Compostela acollerá unha xornada clave para o sector biotecnolóxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizada polo Igape, no marco do proxecto IberoBio. Este evento formativo, que se celebrará no Biopolo Sionlla, está dirixido a pequenas e medianas empresas (pemes) do sector biotech, co obxectivo de capacitarlas na identificación e acceso a diferentes vías de financiamento, tanto públicas como privadas.

O programa inclúe un obradoiro formativo con expertos en financiamento de proxectos emprendedores, así como unha mesa redonda onde profesionais da biotecnoloxía e fondos de investimento compartirán experiencias e debaterán sobre as oportunidades e desafíos do sector.

Poñentes do obradoiro de formación

  • Antonio Casal Rey (CEO e Co-fundador de Livetopic Asesor Financeiro Online)
  • Pablo Taboada Villamil (Managing Partner de Taboada Abogados)

Participantes da mesa de experiencias

  • Ion Arocena (Director Xeral da Asociación Española de Bioempresas ASEBIO)
  • Tomas Casquero Cimadevila (Avogado en Estudio 4 e socio de GingerCase – Alternative Finance Models)
  • Enrique Castellón Leal (Presidente do Consello de Administración de Cross Road Biotech Inversiones Biotecnológicas)
  • Pablo Mosquera Martínez (Director de Investimentos en UNIRISCO e Co-fundador de Noukee)

O evento, que se desenvolverá de 9:30 a 18:00, contará ademais con espazos de networking para facilitar o intercambio de ideas e a creación de alianzas estratéxicas. As inscricións están abertas e espérase a participación de actores clave no desenvolvemento do sector biotech na rexión.

Coñece o dossier informativo facendo clic aquí.

  • A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas
    Ler máis
  • Lorenzana destaca a aposta de Agua de Sousas por seguir ampliando capacidade e tecnoloxía nas súas instalacións
    Ler máis
  • A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape
    Ler máis