Novas liñas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta OOII: método custos simplificados

Xoves, 21 Abril 2022 12:08

A Xunta, a través do Igape, publicou recentemente a convocatoria da liña Galicia Exporta Empresas  e Galicia Exporta Organismos Intermedios, programa de apoio ás empresas galegas para acceder a novos mercados no exterior e programa de apoio aos organismos sectoriais para organizar actuacións e participacións conxuntas de empresas con fin de acceder a novos mercados no exterior.

Nesta convocatoria, destaca como novidade a implantación do método de “custos simplificados” en ambas liñas e que ten como obxectivo fundamental facer á tramitación e posterior cobro das axudas máis áxil e sinxela.

 Máis información e solicitudes.

  • O Igape convoca 40 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial
    Ler máis
  • Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial
    Ler máis
  • Lorenzana chama a promover o talento e o liderado feminino como un factor de competitividade empresarial e sustentabilidade económica
    Ler máis