A Xunta avalía as vías para impulsar e fortalecer a competitividade e a innovación no sector da construcción e reparación naval

Martes, 18 Febreiro 2025 09:04

Vigo, 17 de febreiro de 2025

A directora do Instituto Galego de Promoción Económica Igape, Covadonga Toca, participou hoxe nun encontro de traballo con empresas dedicadas á construción e reparación naval, organizado pola plataforma empresarial Vigo Ship Repair, onde expuxo as distintas liñas de apoio dispoñibles que, dirixidas a pemes e autónomos, suman un “amplo abano” de 172 millóns de euros para impulsar a modernización, a competitividade e a transformación dixital do tecido empresarial galego.

Neste contexto, Toca Carús subliñou a importancia de sumar esforzos para impulsar proxectos que beneficien tanto aos profesionais como ás empresas e institucións do sector naval. Unha colaboración que permita abordar de maneira máis efectiva os retos que enfronta o sector, de cara a impulsar a súa capacidade de innovación, adaptación ás novas tecnoloxías e consolidación en mercados internacionais.

  • A Xunta reivindica o talento e a innovación aplicada como motores para reforzar a competitividade da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana e o Clúster Audiovisual Galego abordan os retos do sector no ámbito da innovación
    Ler máis
  • A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
    Ler máis