Nova XORNADA PAÍS dende a ANTENA DA XUNTA DE GALICIA en EMIRATOS ÁRABES UNIDOS | Market Update & Oportunidades de Negocio 2025

Mércores, 23 Abril 2025 13:08

A Xunta ven a ofrecer actualizacións da situación económica en distintos mercados mundiais a través de Xornadas País coas Antenas da Xunta de Galicia.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus produtos, neste caso, a Emiratos Árabes Unidos.

A Antena en EAU, o día 6 de maio, informará sobre a situación actual no mercado en EAU, a economía e oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas.

Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena en EAU, durante os días 6, 7 e 8 de maio.

 

Solicite a reunión ao realizar a súa inscrición.

Día: 6 de maio de 2025

Hora: 09:30-11:00

Edificio Fontán, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela 

✍️ Inscricións

➡️ Descarga o programa

  • A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego
    Ler máis
  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ás empresas familiares por ser motor económico e atraer talento á comunidade
    Ler máis
  • Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura
    Ler máis