Galicia consolídase como referente en innovación co recoñecemento á Business Factory Aero como mellor aceleradora avanzada de España

Luns, 12 Mai 2025 18:01

Santiago, 12 de maio de 2025

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá no acto organizado por Funcas con motivo da presentación do ranking anual de viveiros e programas de aceleración. Un encontro no que por segundo ano consecutivo se distinguiu a Business Factory Aero como a Mellor Aceleradora Avanzada de España e tamén como o mellor programa de aceleración no ranking global.

Durante a súa intervención, Toca Carús destacou o modelo galego de aceleración impulsado pola Xunta de Galicia, baseado na colaboración público-privada, a especialización e o talento, e trasladou o agradecemento ao recoñecemento concedido que “consolida a Galicia como referente no desenvolvemento de sectores estratéxicos como o aeroespacial”, dixo.

A directora do Igape tamén puxo pola en valor a utilidade desta análise como instrumento de mellora para os axentes do ecosistema emprendedor ao tempo que felicitou á organización polo seu compromiso coa promoción do emprendemento innovador e pola avaliación rigorosa de iniciativas clave para a competitividade económica.

  • O Igape organiza unha xornada sobre as oportunidades actuais das empresas galegas nos Emiratos Árabes Unidos
    Ler máis
  • A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego
    Ler máis
  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ás empresas familiares por ser motor económico e atraer talento á comunidade
    Ler máis