Curso: Inglés para a internacionalización

Luns, 14 Xullo 2025 14:00

1. Prazas e prazo de inscrición

  • 3 grupos formativos: 10 alumnos por grupo
  • Prazo de inscrición: ata o 8/09/2025 [Prazas xa cubertas]
  • Inscrición de balde

2. Destinatarios

Profesionais do ámbito comercial, do márketing e da dirección empresarial de empresas galegas.

3. Descrición xeral

Con unha metodoloxía flexible e centrada no mundo real, este curso ofrece unha experiencia de aprendizaxe 100% en liña, ideal para quen desexe mellorar o seu inglés sen comprometer a súa axenda profesional.

Combinamos tecnoloxía de vangarda con contidos altamente especializados, garantindo unha formación personalizada adaptada ás necesidades específicas de cada profesional. Dende reunións e negociacións ata redacción de correos formais e presentacións, este curso axudarache a comunicarte con eficacia en calquera situación profesional.

4. Obxectivos

  • Desenvolver habilidades comunicativas en inglés para contextos empresariais e de negocios internacionais.
  • Adquirir vocabulario especializado para a expansión global de produtos e servizos.
  • Aprender a negociar, establecer relacións comerciais e xestionar operacións nos mercados internacionais.
  • Adaptarse ás diferenzas culturais e lingüísticas no entorno empresarial global.

5. Duración

  • Comezo: 15/09/2025
  • Finalización: 17/12/2025

6. Metodoloxía e formato

  • Modalidade en liña
  • 40 horas en grupo (Inglés para a internacionalización)
  • 5 horas One to One (para abordar temas específicos de cada participante)
  • 3 clases semanais (Luns – Mércores – Venres)
    Turnos: 8:00 a 9:00 / 9:00 a 10:00 / 20:00 a 21:00
  • Inclúe: Proba de nivel, Seguimento personalizado, Campus virtual, Material, Informe de asistencia e Informe de rendemento.

7. Máis información

  • Consultas técnicas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Consultas académicas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Índice de contidos

Cápsula 1: "Entering Global Markets"

  • Descrición: Introdución ao vocabulario e ás estratexias clave para acceder a mercados internacionais.
  • Contido: Identificación de oportunidades de negocio noutros países e preparación de presentacións efectivas en inglés.

Cápsula 2: "Business Communication and Email Etiquette"

  • Descrición: Comunicación empresarial a través de correos electrónicos e mensaxes formais.
  • Contido: Redacción de correos claros, concisos e profesionais en inglés, e adaptación aos estilos comunicativos segundo o contexto cultural.

Cápsula 3: "International Negotiation Skills"

  • Descrición: Habilidades de negociación efectiva no contexto dos negocios internacionais.
  • Contido: Ferramentas para negociar en inglés, dende a presentación de propostas ata a xestión de obxeccións e técnicas para alcanzar acordos beneficiosos respectando as diferenzas culturais.

Cápsula 4: "Building and Maintaining International Business Relationships"

  • Descrición: Estratexias para construír e manter relacións comerciais internacionais.
  • Contido: Uso adecuado da linguaxe e sensibilidade cultural para establecer vínculos sólidos con socios e clientes internacionais.

Cápsula 5: "Presentations and Public Speaking in International Settings"

  • Descrición: Habilidades para facer presentacións efectivas en inglés en contornas internacionais.
  • Contido: Estruturación e exposición de presentacións profesionais en reunións, congresos e feiras internacionais.

Cápsula 6: "Cross-Cultural Communication in Business"

  • Descrición: A importancia da comunicación intercultural nos negocios internacionais.
  • Contido: Comprensión das diferenzas culturais que afectan a comunicación e adaptación do estilo de interacción para evitar malentendidos e fomentar a confianza.

Cápsula 7: "Managing International Projects and Teams"

  • Descrición: Xestión de proxectos e equipos en contornos internacionais.
  • Contido: Dirección de equipos multiculturais, xestión de proxectos a distancia e coordinación eficaz con colaboradores e socios internacionais.

Cápsula 8: "Global Marketing and Branding"

  • Descrición: Adaptación de estratexias de márketing e branding a mercados internacionais.
  • Contido: Creación e adaptación de campañas e identidades de marca en inglés para diferentes culturas e mercados.

Cadro docente

  • Augusto Soto
  • Jo-Anne Cardinal

>>DESCARGA O PROGRAMA<<

  • A Xunta salienta en Corvus Belli o potencial da industria creativa galega para competir nos mercados internacionais
    Ler máis
  • Lorenzana asiste en Bergondo á inauguración das novas instalacións de Inusual Comunicación Innovadora
    Ler máis
  • Lorenzana apela a reducir tempos e burocracia na administración porque “os investimentos non esperan”
    Ler máis