Estudantes de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rei da Coruña coñecen de preto o labor da Oficina Económica de Galicia

Xoves, 06 Novembro 2025 15:05

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025

Un grupo duns 40 estudantes de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rei da Coruña, pertencentes á rama de Ciencias Sociais con Economía, visitaron esta semana as instalacións do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para descubrir o traballo que realiza a Oficina Económica de Galicia no apoio ao tecido empresarial galego.

Durante a xornada, o alumnado puido coñecer as funcións e servizos que ofrece esta oficina, concibida como un espazo de acompañamento e asesoramento integral que facilita a posta en marcha e o crecemento de proxectos empresariais en Galicia. Os responsables do Igape explicaron que a Oficina Económica representa unha nova forma de relación entre a administración e o tecido produtivo, baseada na proximidade, a simplificación administrativa e o apoio personalizado.

Esta actividade forma parte dunha saída formativa que incluíu tamén unha visita ao Parlamento de Galicia, coa finalidade de achegar o funcionamento das institucións públicas ao alumnado e amosar o seu papel no desenvolvemento económico e social de Galicia.

  • A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego
    Ler máis
  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ás empresas familiares por ser motor económico e atraer talento á comunidade
    Ler máis
  • Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura
    Ler máis