Lorenzana anima as empresas a non frear ante a incerteza e a seguir innovando e abríndose a novos mercados

Mércores, 18 Novembro 2026 20:18
  • Reivindica a función de acompañamento que debe facer a Administración creando as condicións para que poidan investir, crecer e crear emprego “con menos obstáculos e menos burocracia”
  • Sitúa a captación e a retención de talento como un reto clave do liderado empresarial

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, animou hoxe o tecido empresarial galego a non frear ante a incerteza e a seguir innovando e abríndose a novos mercados para non perder competitividade.

Durante a súa intervención na clausura do XII Encontro para directivos/as líderes -100 Consellos Santander 2026, Lorenzana reivindicou, tamén, a función de acompañamento que debe facer a Administración creando as condicións “para que as empresas poidan investir, crecer e crear emprego con menos obstáculos, menos burocracia e máis entendemento”, asegurou.

Segundo dixo, “as empresas necesitan respostas áxiles” e, nese contexto, enmarcou o novo programa de Xunta, Galicia Industria 360, para facilitar, ademais de solo industrial, naves e vivendas “para a más rápida implantación dos proxectos empresariais”.

Na súa intervención situou, por outra banda, a captación e a retención de talento como un reto clave do liderado empresarial, e mencionou as dificultades que afrontan actualmente as empresas para atopar profesionais cualificados. “Liderar ten moito que ver coas persoas, con saber escoitar, explicar e xerar confianza”, concluíu.

  • Lorenzana remarca a necesidade de xerar confianza ás empresas para axudarlles a crecer e a investir
    Ler máis
  • Lorenzana reúnese con representantes de Efitransa e Kässbohrer para coñecer o seu novo proxecto industrial de fabricación de vehículos especiais de transporte no Porriño
    Ler máis
  • Lorenzana anima as empresas a non frear ante a incerteza e a seguir innovando e abríndose a novos mercados
    Ler máis