Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en San Caetano con representantes da empresa Efitransa e de Kässbohrer para coñecer de primeira man o seu novo proxecto industrial de fabricación de vehículos especiais de transporte e compoñentes que prevén instalar no concello pontevedrés do Porriño.
En concreto, esta iniciativa -Industruck Global-, centrarase no rediseño, fabricación e comercialización de vehículos polivalentes, vehículos de carga, e estruturas para a industria do transporte. O proxecto reúne a tecnoloxía creada en Galicia a través de galega Efitransa, e a capacidade industrial e comercial do grupo europeo Kässbohrer.