O Igape organiza unha Xornada País sobre Marrocos para impulsar a internacionalización das empresas galegas

Luns, 09 Marzo 2026 09:45
  • O evento, que se celebrará o vindeiro 23 de marzo no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, reunirá empresas con experiencia no mercado africano e contará coa participación da Antena do IGAPE en Marrocos.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) celebrará o vindeiro 23 de marzo a Xornada País Marrocos, un encontro dedicado a explorar as oportunidades de negocio que ofrecen Marrocos e o continente africano para as empresas galegas. O acto terá lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 11:00 horas.

A xornada, enmarcada no programa de Xornadas País que impulsa o Igape, ten como obxectivo achegar ás empresas galegas a realidade económica e comercial de Marrocos, un mercado de crecente interese estratéxico e con importantes perspectivas de expansión para o tecido empresarial de Galicia.

Programa da xornada

A sesión arrancará ás 9:30 h cunha benvida institucional a cargo dun representante da Xunta de Galicia. A continuación, a partir das 9:40 h, desenvolverase o bloque principal de contidos, articulado arredor de tres eixes temáticos:

  • “Boas prácticas nos negocios en Marrocos e África”
  • “Experiencia de mercado: que nos ofrece África?”
  • “Próximas accións comerciais en África”

Os relatores desta sesión serán David Garay, director da Antena do IGAPE en Marrocos; Xoán Martínez, CEO de Kaleido Logistics; e Paula Conde, COO de Regalsa Facility Services, dúas compañías cunha presenza sólida no mercado marroquí e africano. A xornada concluíra cun espazo de Café Networking a partir das 11:00 h.

Reunións B2B coa Antena de Marrocos

Como valor engadido, as persoas participantes terán a posibilidade de concertar reunións individuais coa Antena Empresarial da Xunta en Marrocos os días 23 e 24 de marzo, co obxectivo de presentar directamente os seus produtos e servizos e recibir asesoramento personalizado sobre o mercado marroquí. Estas reunións deben solicitarse no momento da inscrición.

>>INSCRÍBETE AO EVENTO<< 

>>DESCARGA O PROGRAMA<<

  • A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
    Ler máis
  • Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
    Ler máis
  • Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
    Ler máis