Xornada País desde a Antena da Xunta de Galicia en Xapón | Claves para acceder ao mercado xaponés: oportunidades para as empresas galegas

Luns, 04 Mai 2026 09:33

A Xunta vén ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados mundiais a través de Xornadas País coas Antenas da Xunta de Galicia. O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus produtos, neste caso, a Xapón.

A Antena en Xapón, o día 12 de maio, xunto coas empresas Paco & Lola e Coren, compartirá a súa experiencia directa no mercado xaponés e as claves para abordar con éxito un dos destinos máis esixentes e sofisticados do mundo. Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena en Xapón durante os días 12 e 13 de maio. Solicite a reunión ao realizar a súa inscrición.

Día: 12 de maio | Hora: 09:30-11:00 | Modalidade: Presencial (Edificio Bandalux. Salón Bridge, Santiago de Compostela)

✍️ Inscricións

➡️ Descarga o programa

  • A Xunta destaca o papel da iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo para impulsar as capacidades industriais de Galicia neste sector
    Ler máis
  • Lorenzana lembra que as empresas aínda poden sumarse aos acordos de asociación para impulsar grandes proxectos industriais en seguridade, a defensa e o aeroespazo en Galicia
    Ler máis
  • Lorenzana aborda con Metaldeza as oportunidades que ofrece o sector da seguridade e a defensa
    Ler máis