Nova Xornada País desde a Antena da Xunta nos Emiratos Árabes Unidos | Un mercado en constante evolución

Martes, 28 Abril 2026 17:31

A Xunta vén ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados mundiais a través de Xornadas País coas Antenas da Xunta de Galicia. O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus produtos, neste caso, a Emiratos Árabes Unidos.

A Antena en EAU, o día 6 de maio, informará sobre a situación actual do mercado en EAU, a economía e as oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas. Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena en Emiratos Árabes Unidos durante os días 7 e 8 de maio.

Solicite a reunión ao realizar a súa inscrición.

Día: 6 de maio de 2026 | Hora: 09:30-11:00 | Modalidade: Online

✍️ Inscricións

➡️ Descarga o programa

  • Lorenzana convida a Thune Eureka a sumarse á iniciativa estratéxica de seguridade, defensa e aeroespazo
    Ler máis
  • Lorenzana destaca o peso das empresas familiares galegas e a súa adaptación constante aos novos retos da economía
    Ler máis
  • A Xunta pon a Smart Vitamins como exemplo do potencial do ecosistema startup galego
    Ler máis