Lorenzana destaca o investimento de 40 M€ que vai destinar a Xunta para fabricar en Galicia produtos e servizos de seguridade, defensa e aeroespazo

Mércores, 26 Agosto 2026 14:54
  • É a través dos acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata o 30 de setembro, e que constitúe unha das principais medidas da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda)
  • A partir da fórmula da Compra Publica Precomercial o obxectivo é financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas

Nigrán (Pontevedra), 26 de agosto de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que, a través dos acordos de asociación, cuxa convocatoria aínda está aberta ata o 30 de setembro, a Xunta destina un investimento público de 40 millóns de euros para promover o desenvolvemento e a fabricación en Galicia de produtos e servizos nos sectores da defensa, a seguridade e o aeroespazo.

Nunha visita ás instalacións da empresa Vig-Sec Drone, en Nigrán, Lorenzana explicou que se trata dunha das principais medidas que o Goberno galego está a desenvolver no marco da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) a partir da fórmula da Compra Publica Precomercial, coa que se van financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas, dixo.

Cunha mobilización prevista de 900 millóns de euros, o obxectivo desta estratexia, apuntou, é potenciar o crecemento das empresas que xa operan nestes sectores e facilitar a incorporación daquelas outras que xa están traballando en tecnoloxías duais; é dicir, que poden ter aplicacións tanto de uso civil como para defensa e seguridade.

Neste contexto, Lorenzana puxo en valor o traballo que desenvolve Vig-Sec Drone, especializada en servizos aeronáuticos, formación e desenvolvemento de software de xestión de espazo aéreo. Unha empresa que, lembrou, participou en aceleradoras como ViaGalicia, a BFAero e, tamén, na Aceleradora de Innovación en Defensa da OTAN.

  • Lorenzana destaca o investimento de 40 M€ que vai destinar a Xunta para fabricar en Galicia produtos e servizos de seguridade, defensa e aeroespazo
    Ler máis
  • A Xunta subliña o elevado interese das pemes polas axudas á transformación dixital do Igape con preto de 400 solicitudes rexistradas
    Ler máis
  • A Xunta destaca o papel da iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo para impulsar as capacidades industriais de Galicia neste sector
    Ler máis