A Xunta ofrece a súa colaboración para impulsar a competitividade industrial de Navantia na ría de Ferrol

Xoves, 06 Abril 2023 09:16
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co comité de empresa de Navantia.
  • Avoga por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro do estaleiro e, por extensión, de toda a comarca de Ferrolterra.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, ofreceu ao comité de empresa de Navantia a colaboración da Administración autonómica para impulsar a competitividade de Navantia na ría de Ferrol e o seu futuro industrial.

Así llo trasladou nunha xuntanza na que escoitou as propostas dos traballadores para que a Xunta de Galicia apoie as súas demandas en materia de investimentos e de carga de traballo para o estaleiro.

Conde, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou a importancia de contar coas infraestruturas necesarias para a competitividade de Navantia Ferrol e de toda a industria auxiliar.

Nese sentido, avogou por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro industrial do estaleiro e, por extensión, da comarca de Ferrolterra.

  • A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
    Ler máis
  • Rueda destaca o apoio da Xunta ao tecido produtivo garantindo un marco de estabilidade e medidas para mellorar a súa competitividade
    Ler máis
  • Galicia mantén en 2026 a tendencia positiva das súas exportacións, cun incremento interanual do 0,9 % ata xullo
    Ler máis