Lorenzana avanza axudas por importe de 14 M€ para impulsar a innovación e a dixitalización do tecido produtivo de Galicia

Xoves, 09 Xaneiro 2025 16:04
  • Como novidade, estas axudas inclúen máis de 10 millóns para fomentar o uso da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas
  • Insiste na importancia de continuar apoiando a aquelas compañías que queren seguir medrando na Comunidade

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a Xunta aprobará proximamente unha partida de 14 millóns de euros para impulsar a innovación, a dixitalización e a internacionalización do tecido produtivo de Galicia. 

Como novidade, estes apoios incluirán unha liña de 10,3 millóns de euros para fomentar o uso da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas, unha ferramenta chave hoxe en día para gañar en produtividade e posicionarse no mercado internacional.

Durante unha visita ao novo centro loxístico da empresa familiar Krack en Cerdedo-Cotobade, Lorenzana destacou o traballo conxunto do concello, da propia compañía e da Administración galega para que “esta nave loxística, crucial para todo o traballo de  modernización e expansión que está a facer a empresa, sexa unha realidade desde hai máis dun ano”, subliñou.

Neste marco, puxo en valor os apoios públicos que, segundo explicou “son necesarios para as empresas que queren seguir crecendo en Galicia e por iso imos seguir traballando coa Oficina Económica de Galicia e con eles neste proceso de expansión no que están inmersos”, dixo.

Finalmente, a titular de Economía e Industria apuntou que “cremos que este é o camiño, apoiar ao tecido empresarial para facilitar o máis rápido posible o solo industrial e facer as tramitación máis sinxelas” co obxectivo de atraer investimentos e emprego a Galicia.

  • Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia que a partir do 29 de xullo xa se poderán solicitar as axudas por valor de 45 M€ para empresas do sector da automoción
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia que o vindeiro 28 de xullo se convocarán as axudas para financiar ás adegas galegas a adquisición de uva, cun orzamento de 2 M€
    Ler máis