Lorenzana celebra encontros co sector da automoción para dar a coñecer a nova liña de apoios convocada pola Xunta por importe de 14 M€

Martes, 14 Xaneiro 2025 18:02
  • A conselleira de Economía e Industria mantivo unha reunión de traballo con responsables de Gestamp, firma especializada en deseño, desenvolvemento e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil, cos que analizou a situación desta industria e coñeceu o plan de futuro da planta viguesa

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con responsables en Vigo da empresa auxiliar de automoción Gestamp, firma especializada no deseño, desenvolvemento e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil. O encontro serviu para analizar a situación que está a atravesar a industria auxiliar galega da automoción neste período de transición cara unha mobilidade sustentable e abordar os apoios que o Goberno galego está a prestar para garantir o mantemento do emprego e evitar a súa deslocalización. Tamén para coñecer o plan de futuro da planta viguesa.

Nesta liña, Lorenzana lembrou que a Xunta acaba de convocar unha nova liña de axudas para continuar apoiando a automoción galega por importe de 14 millóns de euros centrada en innovación, eficiencia enerxética e investimentos. Aquelas empresas interesadas poderán solicitar estes apoios a partir da vindeira semana e ata o vindeiro 30 de abril. O obxectivo, lembraba Lorenzana, é facilitar os cambios cara á electrificación do automóbil seguindo as directrices marcadas pola Unión Europea,  con máis infraestruturas; na que se impulsen os vehículos non contaminantes; máis intelixente; máis eficiente e segura; e más competitiva.

A conselleira de Economía e Industria aproveitou a cita desta mañá para recordar que o Goberno galego agarda aprobar nas vindeiras semanas o Plan director da automoción, pendente nestes momentos do informe do Consello Económico e Social (CES).  Un documento que busca promover a transformación tecnolóxica e dixital, mellorar a capacitación dos profesionais, e fomentar a colaboración entre empresas, centros de investigación e administracións públicas, co fin de acompañar ao sector no seu proceso de transición e fortalecer a súa competitividade futura.

  • A Xunta reafirma o seu compromiso co impulso do emprendemento feminino no sector tecnolóxico
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia que a Xunta convocará este ano tres novas liñas de axuda para proxectos de descarbonización industrial e enerxías renovables
    Ler máis
  • A Xunta avalía co Clúster do Deporte vías para impulsar e fortalecer a competitividade e innovación das súas empresas
    Ler máis