Impulsamos o crecemento empresarial e a internacionalización das empresas galegas a través do programa Xeración Dixital Pemes

Mércores, 09 Abril 2025 12:55

Convidámoste á próxima convocatoria do Programa Xeración Dixital Pemes: Empresas Exportadoras e Internacionalización Dixital, impartido por Galicia Business School.

Este programa, gratuíto para os directivos, profesionais e autónomos participantes, está deseñado para que cada alumno desenvolva o Plan de Internacionalización Dixital da súa propia empresa, acompañado de titorías individuais con expertos da escola.

Impartido por directivos e profesionais en activo, abordaránse temas como a xestión do cambio, a dixitalización dos procesos, o marketing dixital e novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, o blockchain e a nube, sempre cun enfoque práctico para as pemes exportadoras (ou que queiran exportar no futuro).

As clases combinan sesións presenciais, que fomentan o intercambio de experiencias entre profesionais de toda Galicia, con sesións online que achegan flexibilidade e facilitan a conciliación coa axenda dun profesional actual. O programa inclúe casos de uso e obradoiros específicos para o crecemento do teu negocio no exterior.

Poderán participar ata dúas persoas, directivos ou profesionais de empresas galegas de 1 a 249 traballadores, a selección farase por estricta orde de inscrición ata acadar o máximo de 50 prazas.

Este programa nace da colaboración de Galicia Business School coa Xunta de Galicia, a través do IGAPE e a súa iniciativa Fórmate Internacional: Campus Online.

>>SOLICITUDE DE INFORMACIÓN<<

  • Nova XORNADA PAÍS dende a ANTENA DA XUNTA DE GALICIA en EMIRATOS ÁRABES UNIDOS | Market Update & Oportunidades de Negocio 2025
    Ler máis
  • A Xunta convoca axudas de case 4 M€ para promover as exportacións e o posicionamento das empresas galegas no mercado internacional
    Ler máis
  • A Xunta impulsa a descarbonización no sector galego da automoción con 14 M€ en axudas
    Ler máis