Lorenzana destaca que o programa de atracción de investimentos da Xunta vai permitir a implantación en Galicia dunha trintena de proxectos empresariais

Luns, 14 Abril 2025 16:11
  • Neste momento está aberta ata o 30 de setembro a segunda convocatoria desta liña de apoios cun orzamento de 12 M€
  • Recoñece que o balance da primeira edición é moi positivo porque dá apoio a investimentos empresariais que chegan incluso aos 10 M€, como é o caso da planta de procesamento de proteínas vexetais prevista en Curtis (Inproteins)
  • Harpazul está ampliando as súas instalacións para reconverterse nun hotel de catro estrelas superior con 21 espazos máis de aloxamento que, ademais, contará coa primeira praia interior de Galicia

Catoira (Pontevedra), 12 de abril de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que a primeira convocatoria do programa de axudas da Xunta para a atracción de investimentos vai permitir a implantación en Galicia dunha trintena de proxectos empresariais que mobilizan preto de 95 millóns de euros.

Lorenzana visitou hoxe en Catoira (Pontevedra) as obras de ampliación do hotel Harpazul, beneficiario desta liña de apoios, que está ampliando as súas instalacións para reconverterse nun hotel de catro estrelas superior con 21 espazos máis de aloxamento e que, ademais, contará coa primeira praia interior de Galicia. As obras supoñen un investimento de 2,2 millóns de euros aos que a Xunta achega case 790.000 euros.

A conselleira indicou esta liña de apoios, que ten aberta ata o 30 de setembro a súa segunda convocatoria cun orzamento de 12 millóns de euros, busca mobilizar investimentos en Galicia, tanto a nivel industrial como no ámbito hoteleiro -como é o caso- ou loxístico.

As axudas contemplan dous campos de actuación: por un lado, atenden aqueles proxectos que conten cun investimento entre 800.000 euros e 10 millóns de euros e, doutro lado, apóianse as iniciativas empresarias atendendo á creación neta de emprego cando se xeren máis de 25 postos de traballo en Galicia. Os apoios poden alcanzar ata o 35 por cento deses investimentos ou dos custos salariais no caso das pequenas empresas, e ata o 25 por cento no caso das medianas, en función da tipoloxía do proxecto.

Lorenzana recoñeceu que o balance da primeira edición é moi positivo porque dá apoio a investimentos empresariais que chegan incluso aos 10 millóns de euros, como é o caso da planta de procesamento de proteínas vexetais prevista en Curtis (A Coruña) (Inproteins).

  • Nova XORNADA PAÍS dende a ANTENA DA XUNTA DE GALICIA en EMIRATOS ÁRABES UNIDOS | Market Update & Oportunidades de Negocio 2025
    Ler máis
  • A Xunta convoca axudas de case 4 M€ para promover as exportacións e o posicionamento das empresas galegas no mercado internacional
    Ler máis
  • A Xunta impulsa a descarbonización no sector galego da automoción con 14 M€ en axudas
    Ler máis