Encontro Empresarial | Interim Management para os retos reais das pemes galegas

Martes, 15 Xullo 2025 09:13

O vindeiro xoves 17 de xullo, ás 11:30 h, no Hotel Oca Puerta del Camino (Santiago de Compostela), terá lugar o encontro empresarial "Talento que transforma: Interim Management para os retos reais das empresas galegas".

A Xunta de Galicia, a través do Igape, en colaboración con APD e AIME, impulsan un proxecto piloto para que as pemes galegas descubran o valor do interim management e teñan acceso a directivos/as expertos/as en etapas críticas da súa evolución. Para iso, celebramos un encontro que pretende dar a coñecer as características e vantaxes deste proxecto piloto que busca achegar solucións de alto valor engadido a empresas que necesitan avanzar en momentos decisivos.

O prazo de solicitude de servizos de Interim Management para as empresas galegas permanecerá aberto ata as 14:00 h do luns 4 de agosto.

As solicitudes deberán ser presentadas telematicamente a través do procedemento IG309.2025.1 - SERVIZOS DE INTERIM MANAGEMENT PARA AS EMPRESAS GALEGAS, accesible a través da oficina virtual do IGAPE.

Interim Management

O Interim Management é un modelo de xestión directiva contrastado que permite incorporar talento directivo senior de forma temporal e flexible, achegando visión estratéxica e capacidade de execución inmediata á empresa para resolver unha necesidade conxuntural nunha empresa durante un período de tempo determinado e cuns obxectivos concretos.

>>MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO<<

>>MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS AO ENCONTRO<<

>>FAQS<<

 

  • Lorenzana destaca o papel que debe facer a administración como aliada das empresas que queren investir en Galicia
    Ler máis
  • Rueda destaca a capacidade loxística e industrial de Galicia na chegada da multinacional SAIC
    Ler máis
  • Rueda reúnese con representantes de SAIC en Monte Pío
    Ler máis