Aviso Institucional | Traslado provisional da sede central do Igape en Santiago de Compostela

Venres, 13 Novembro 2026 15:10

Con motivo das obras de mantemento e mellora das instalacións da sede central do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situada no edificio Igape, en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, informamos de que, a partir do luns 16 de novembro, a actividade e a atención ao público se trasladan provisionalmente a unha nova localización.

Durante este período, o Igape continuará prestando os seus servizos no seguinte enderezo:
Rúa de Fernando III o Santo, 32, baixo (Stella Hub)
15701 Santiago de Compostela

Ver localización en Google Maps

Este traslado ten carácter temporal e permitirá seguir ofrecendo unha atención próxima e de calidade ás empresas, profesionais e persoas usuarias dos nosos servizos. Para calquera consulta ou información adicional, seguimos á súa disposición no noso teléfono habitual: 900 81 51 51.

Agradecemos a súa comprensión e colaboración.

  • Aviso Institucional | Traslado provisional da sede central do Igape en Santiago de Compostela
    Ler máis
  • A Xunta destaca a importancia do solo industrial e da axilidade administrativa para atraer novos investimentos a Galicia
    Ler máis
  • A Xunta aposta por conectar innovación, industria e internacionalización para reforzar a competitividade das empresas galegas
    Ler máis