Rueda destaca o liderado internacional do sector téxtil galego e o apoio da Xunta a esta industria

Martes, 23 Xuño 2026 18:58

Arteixo (A Coruña), 23 de xuño de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou esta mañá o novo edificio dos equipos comerciais de Zara no complexo de Inditex en Arteixo, salientou o importante papel do sector téxtil na internacionalización da economía galega. Do mesmo xeito, subliñou o compromiso da Xunta con esta industria e coa creación de emprego e a atracción de investimentos cara á comunidade.

O responsable do executivo autonómico, que estivo acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, foi recibido polo conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras. Durante a visita puido coñecer o novo edificio no que traballan os equipos de deseño, de patronaxe e outros perfís comerciais de Zara. Trátase dunhas instalacións de máis de 170.000 metros cadrados nas que a compañía aposta pola sustentabilidade e a eficiencia.

Rueda lembrou que Inditex é un referente a nivel internacional que leva a moda galega por todo o mundo. Neste sentido, cómpre lembrar que Galicia é a comunidade líder de España en vendas ao exterior deste sector. Así, no 2025 exportouse desde Galicia preto do 32% do total nacional de exportacións da industria téxtil.

  • Lorenzana destaca que a Xunta está a desenvolver unha política industrial de anticipación para “estar preparados antes de que chegue a oportunidade”
    Ler máis
  • A Xunta presenta por primeira vez na Oficina Económica de Galicia en Madrid as startups da BFAero ante 18 fondos de investimento
    Ler máis
  • Lorenzana sitúa o sector TIC como esencial para o crecemento e a competitividade da empresa en Galicia
    Ler máis