Super User
A Xunta salienta en Vigo a oportunidade dos fondos europeos para impulsar a transformación industrial de Galicia a través da innovación, a sostibilidade e a dixitalización
- O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na xornada 10 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia, onde avogou por consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global a través de “liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible”
- A xuntanza enmárcase no programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu, nas cinco primeiras edicións, realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes, en presencial e en liña
- Noutro encontro celebrado no marco de Navalia, resaltou a importancia da nova Estratexia do naval que impulsa o Goberno galego e que aposta pola diversificación, a dixitalización, a sostenibilidade e a formación para facer fronte ao escenario que afronta a industria
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe en Vigo na xornada 10 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia, onde destacou a oportunidade que supoñen para Galicia os fondos europeos de cara a impulsar a transformación industrial a través da innovación, a sostibilidade e a dixitalización.
“Desde a colaboración público-privada, e poñendo o foco nas pequenas e medianas empresas, temos moi claro que, apoiados nestes fondos, o noso traballo debe ser acompañar aos sectores maduros e tradicionais para evolucionar cara a esa economía máis dixital, verde e innovadora”, salientou Guldrís nunha xornada que se celebrou no marco do programa Capacita Directivos.
Esta iniciativa, lembrou o director do Igape, inclúe a organización de encontros como o de hoxe que buscan concienciar e promover a colaboración entre empresas, emprendedores, administracións, clústeres e centros de coñecemento. O programa, xa consolidado, permitiu nas cinco primeiras edicións realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes, en presencial e en liña.
Desta volta, os participantes afondaron nas industrias da moda, da biotecnoloxía, no futuro da mobilidade, nas TIC, no sector alimentario, nas enerxías renovables, na industria aeronáutica e aeroespacial, na loxística, no turismo e na industria do envellecemento activo. “Todos sectores estratéxicos para o futuro de Galicia sobre os que queremos reflexionar mirando cara ao futuro, con dous obxectivos: axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global, e afondar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible”, apuntou Guldrís.
Neste marco, o director do Igape lembrou que os distintos programas e actuacións que o Goberno galego impulsa cada ano teñen como eixos de actuación a transformación dixital das pemes galegas, a procura de novos mercados e o emprendemento, ao tempo que achegan financiamento no actual contexto económico marcado pola saída da pandemia e pola invasión rusa de Ucraína.
A nova Estratexia Naval
Durante a súa xornada en Vigo, onde asistiu tamén nun obradoiro organizado por Ceaga sobre os fondos europeos Next Generation e onde participará esta tarde nun coloquio promovido por Comisión Obreiras sobre o naval galego, Guldrís achegouse á feira Navalia, onde inaugurou a xornada Transformación dixital na vida do buque.
Un escenario no que o director do Igape resaltou a importancia da nova Estratexia Naval que ten activado o Goberno galego e que, como lembrou, espera que o Perte do naval se converta nunha verdadeira oportunidade para a recuperación do sector.
O obxectivo é que Galicia ocupe o espazo que lle corresponde no reparto dos fondos europeos, facilitando así a aposta pola dixitalización da cadea de valor, pola sostibilidade ambiental e pola mellora da formación e capacitación dos traballadores.
O programa ReAcciona apoia máis de 330 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da segunda convocatoria das tres lanzadas este ano, cuxas iniciativas sumarán, de modo conxunto, preto de 3M€ para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación
- A Xunta de Galicia cobre un mínimo do 75% do custo para a peme, porcentaxe que pode chegar ata o 95% dependendo do tipo de servizo, do tamaño da empresa ou a súa asociación a un clúster
- Desde a súa posta en marcha no 2012, o programa ReAcciona promoveu o desenvolvemento de máis de 2000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de máis de 1300 empresas galegas, mobilizando 10,5M€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da segunda das tres convocatorias lanzadas este ano no marco do programa ReAcciona, que está apoiando proxectos centrados na mellora competitiva das pemes galegas mediante o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos. Entre a primeira e a segunda fase, a Xunta ten concedidos xa 331 servizos, estando prevista a resolución da terceira en próximas datas.
O programa ReAcciona promove servizos en ámbitos como o da innovación, para axudar ás empresas no deseño de produtos e servizos innovadores, afondando na protección e financiamento dos mesmos. Ademais, tamén se levan a cabo proxectos vinculados ao desenvolvemento estratéxico, a profesionalización e a dixitalización, con servizos relativos á implantación dunha estratexia dixital da empresa, a ciberseguridade ou o márketing de contidos.
Entre os servizos máis demandados, situáronse os de análise do potencial competitivo, os da mellora da xestión financeira das empresas, e o asesoramento para o relanzamento comercial. Así mesmo, no eido da transformación dixital, as empresas solicitaron diagnósticos centrados no financiamento da innovación e na dixitalización da empresa, ademais de solucións de xestión e mobilidade dixital e apoio no márketing.
Os servizos do ReAcciona desenvólvense por un axente colaborador, que está a disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos tres aos seis meses. Por outra parte, os servizos teñen un carácter práctico e buscan a profesionalización da empresa, resultando clave o acompañamento e a formación ofrecidos.
A Xunta de Galicia cobre un mínimo do 75% do custo para a peme, porcentaxe que pode chegar ata o 95% dependendo do tipo de servizo, do tamaño da empresa ou a súa asociación a un clúster.
O programa, en cuxo desenvolvemento colaboran o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilitou desde a súa posta en marcha en 2012 o impulso de máis de 2000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de máis de 1300 empresas galegas, mobilizando 10,5 millóns de euros.
Así mesmo, cómpre lembrar que o ano pasado, como complemento dos servizos prestados, púxose en marcha tamén o ReAcciona Covid-19, unha novidosa liña que buscaba cooperar co tecido empresarial galego na actual conxuntura económica, contribuíndo ao seu impulso e recuperación tras a pandemia.
Neste sentido, o ReAcciona Covid-19 sumou cinco novos servizos que atenden á situación económica xurdida. As empresas galegas poden acceder a prestacións especializadas no relativo á adecuación dos estados financeiros, á transmisión ou adquisición de unidades produtivas, á análise de mercados internacionais, á elaboración de plans estratéxicos de internacionalización e á implementación de procesos acordes á economía circular.
A Xunta achega ao tecido empresarial de Vigo os programas e liñas de actuación en marcha para afrontar o escenario actual e mellorar a súa competitividade
- O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra sobre os fondos europeos Next Generation onde destacou a importancia do Perte do naval para o futuro deste sector
- Lembra que o Goberno galego vén de activar unha nova Estratexia do naval galego que busca, precisamente, promover a cooperación entre estaleiros e potenciar a diversificación de produtos e mercados para posicionar á Comunidade ante o Perte do sector
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada organizada xunto á Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) sobre as oportunidades para as empresas nos fondos europeos Next Generation. No encontro, levado a cabo de modo telemático e no que destacou, entre outras medidas, a importancia do Perte do naval para o futuro desta industria, Guldrís achegou tamén ao tecido empresarial da provincia a colaboración da Xunta a través dun conxunto de programas e liñas que, como salientou, buscan reforzar a competitividade de pemes e autónomos, máis se cabe no momento económico actual marcado polo encarecemento de recursos como a luz, o gas e os combustibles e a falta de subministracións de materias primas, e agravado pola invasión rusa a Ucraína.
Programas en marcha
Guldrís, que sinalou que durante estas datas está a manter encontros similares coas principais confederacións empresariais galegas, expuxo que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ten en marcha distintas liñas de actuación para cooperar co tecido empresarial. No ámbito da dixitalización, destacou os obradoiros ou as axudas á dixitalización que, na última convocatoria, teñen permitido impulsar proxectos na provincia por preto de 8 millóns de euros.
O director do Igape afondou tamén nalgunhas das iniciativas emprendedoras que se están a poñer en marcha, entre as que citou a activación dunha nova edición da rede de espazos de coworking, que contribuíron xa á creación de 400 novas empresas en contornas rurais; ou as liñas Galicia Emprende e Galicia Emprende Rural, que suman máis de 359 proxectos impulsados na provincia.
A Xunta lanza unha nova edición do coworking da Mariña que ten permitido ata o de agora impulsar más de medio cento de proxectos empresarias na provincia
- O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o espazo coworking que se desenvolve no Centro Comarcal Maeloc de Mondoñedo e que suma seis anos levándose a cabo, de xeito ininterrompido, da man da Escola de Organización Industrial (EOI)
- Sinala que as iniciativas empresarias impulsadas suman tamén 128 postos de traballo xerados, a metade de emprego feminino
- Salienta outras actuacións no ámbito do emprendemento, como os programas Galicia Emprende e Galicia Emprende Rural, que facilitaron ata o de agora case 130 iniciativas empresarias na provincia de Lugo
- Lembra que a Xunta traballa na Axenda de Emprendemento, que recollerá novos itinerarios e instrumentos de apoio a proxectos que leven o apelido innovador, dixital e sustentable
O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe o espazo coworking que se desenvolve no Centro Comarcal Maeloc de Mondoñedo, onde puxo en valor esta iniciativa que a Xunta de Galicia leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI).
Guldrís, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que esta rede de apoio ao emprendemento celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016. De feito, o da Mariña é un dos 11 novos que este ano están activos por toda Galicia. Un coworking que se celebra de modo ininterrompido desde a primeira edición permitindo, ata o de agora, a posta en marcha de 52 proxectos empresariais na comarca e a xeración de 128 empregos.
“Como Administración, non podemos permitir que unha boa idea de negocio quede nun caixón por falta de apoio”, salientou o director do Igape durante o encontro mantido cos participantes, no que apuntou que máis da metade dos proxectos que pasaron polas diferentes edicións en Galiciase consolidaron como empresas: en concreto, 384 que, á súa vez, permitiron a creación de 624 postos de traballo. Ademais, sinalou que máis da metade das persoas participantes, 489, foron mulleres.
Estes espazos coworking, lembrou Guldrís, ºofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.
Deste xeito, os coworking configúranse como unha das actuacións máis completas da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en materia de emprendemento. Un eido no que Guldrís destacou, tamén, os programas Galicia Emprende e Galicia Emprende Rural, que teñen permitido impulsar ata o de agora preto de 130 iniciativas empresarias na provincia de Lugo.
Estas actuacións, subliñou Guldrís, enmárcanse na Axenda de Emprendemento que está a ultimar a Xunta de Galicia, e que que recollerá novos itinerarios e instrumentos de apoio a proxectos que leven o apelido innovador, dixital e sustentable.
A Xunta informa ao tecido empresarial da Coruña dos programas e actuacións en marcha para mellorar a súa competitividade
- O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) sobre os fondos europeos Next Generation onde destacou o impulso que suporá a Cidade das TIC para facer da Coruña un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia
- No encontro explicou os diferentes programas de apoio do organismo que dirixe para este ano, centrados na innovación, o emprendemento, o financiamento e a internacionalización
- Destaca que o Galicia Exporta Dixital, que vén de pechar o prazo de presentación de solicitudes, permitiu ata o de agora impulsar 112 plans empresariais de internacionalización dixital na provincia por valor de máis de catro millóns de euros
- Salienta a recente posta en marcha da liña de préstamos avalados para financiar a operativa das pemes afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións, entre as que se encontran as estacións de servizo
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada organizada xunto á Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) sobre as oportunidades para as empresas nos fondos europeos Next Generation. Na súa intervención, na que destacou o impulso que suporá a Cidade das TIC para facer da Coruña un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia, ofreceu ao tecido empresarial da provincia a colaboración da Xunta a través dun conxunto de programas e liñas que, como salientou, buscan reforzar a competitividade de pemes e autónomos, máis se cabe no momento económico actual marcado polo encarecemento de recursos como a luz, o gas e os combustibles e a falta de subministracións de materias primas, e agravado pola invasión rusa a Ucraína.
“A Cidade das TIC forma parte da candidatura aos fondos europeos Next Generation que Galicia presentará ao Goberno central; un proxecto que aspira a mobilizar 55 millóns de euros convertendo este recinto nun lugar de referencia para o tecido empresarial”, expuxo Guldrís.
Neste marco, o director do Igape lembrou que o centro de fabricación avanzada foi o punto de partida do proxecto. Unha infraestrutura que estará concluída a principios de 2023 e que se configura como un espazo de probas para que as pemes galegas impulsen proxectos vinculados coas novas tecnoloxías da información e da comunicación. O investimento aprobado pola Xunta de Galicia para este centro está por riba dos 4,8 millóns de euros, cun orzamento global de ao redor de 5M€.
Este centro estase a complementar con outras actuacións entre as que destaca a recente aprobación dun laboratorio de intelixencia artificial (Galaxy-Lab) que impulsará a investigación e a experimentación con vehículos aéreos non tripulados en contornas urbanas, permitindo, ao mesmo tempo, ampliar as capacidades do Polo Aeroespacial de Galicia.
Programas en marcha
Neste marco, Guldrís, que sinalou que durante estas datas está a manter encontros similares coas principais confederacións empresariais galegas, expuxo que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ten en marcha distintas liñas de actuación para cooperar co tecido empresarial. No ámbito da dixitalización, destacou os obradoiros ou as axudas que, na última convocatoria, teñen permitido impulsar proxectos na provincia por preto de seis millóns de euros.
Así mesmo, continuou o director, o Galicia Exporta Dixital acaba de pechar o prazo de presentación de solicitudes, e permite apoiar a pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital. Un programa que, desde a súa posta en marcha, impulsou xa 112 plans empresariais de internacionalización dixital na provincia de A Coruña por valor de máis de catro millóns de euros.
Este programa, explicou Guldrís, ao igual que o resto de accións comprendidas na Estratexia de Internacionalización, contribuíron ao récord acadado polas vendas ao exterior da Comunidade, que superaron os 25.000 millóns de euros o pasado exercicio, marcando un novo teito histórico cun incremento do 21,1% con respecto ao 2020.
Unha boa marcha das ventas ao exterior de Galicia na que ten xogado un papel moi importante a provincia da Coruña, que durante o 2021 rozou os 11.500 millóns exportados, o que supón un incremento do 32,3% con respecto ao ano anterior, converténdose así na provincia galega que máis medra no acumulado do ano.
O director do Igape afondou tamén nalgunhas das iniciativas emprendedoras que se están a poñer en marcha, entre as que citou a activación dunha nova edición da rede de espazos de coworking, -con tres sedes na provincia coruñesa: en Ferrolterra, Santiago e na Costa da Morte- que contribuíron xa á creación de 400 novas empresas en contornas rurais; ou as liñas Galicia Emprende e Galicia Emprende Rural, que suman máis de 260 proxectos impulsados na provincia.
E no tocante ao financiamento, destacou a recente posta en marcha dunha nova liña de préstamos avalados que ten como obxectivo facilitar liquidez a todas as empresas galegas —entre elas, as estacións de servizo— para afrontar os incrementos dos prezos de materias primas e subministracións.
A Xunta informa ás pemes lucenses das distintas liñas de apoio habilitadas para reforzar a competitividade empresarial no actual contexto económico
- O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por vía telemática nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sobre os fondos europeos Next Generation na que destacou o impulso que suporía para a provincia a posta en marcha en Palas de Rei do complexo de fibras téxtiles de Altri
- No encontro explicou os diferentes programas de apoio do organismo que dirixe para este ano, centrados na innovación, o emprendemento, o financiamento e a internacionalización
- No tocante ao financiamento, pon en valor a recente posta en marcha da liña de préstamos avalados para financiar a operativa das pemes afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións, entre as que se encontran as estacións de servizo
- Destaca que o Galicia Exporta Dixital, que vén de pechar o prazo de presentación de solicitudes, permitiu ata o de agora impulsar 22 plans empresariais de internacionalización dixital na provincia de Lugo por valor de máis de 700.000 euros
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe, de modo telemático, nunha xornada organizada xunto á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sobre as oportunidades para as empresas nos fondos europeos Next Generation. Na súa intervención, na que destacou o impulso que suporía para a provincia a posta en marcha en Palas de Rei do complexo de fibras téxtiles de Altri, ofreceu ao tecido empresarial da provincia a colaboración da Xunta a través dun conxunto de programas e liñas que, como salientou, buscan reforzar a competitividade de pemes e autónomos, máis se cabe no momento económico actual marcado polo encarecemento de recursos como a luz, o gas e os combustibles e a falta de subministracións de materias primas, e agravado pola invasión rusa a Ucraína.
“Desde a Xunta vimos traballando, de xeito coordinado, co noso tecido produtivo na procura de facer fronte a unha situación económica que está dificultando a actividade da industria produtiva”, salientou Guldrís, quen avogou pola transformación dixital, a investigación, a innovación e a procura de novos mercados como factores fundamentais na mellora competitiva das empresas.
Neste marco, o director do Igape, que sinalou que nas vindeiras semanas se manterán encontros similares organizados coas confederacións empresariais das restantes provincias, expuxo que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ten en marcha distintas liñas de actuación. No ámbito da dixitalización, destacou os obradoiros ou as axudas á dixitalización que, na última convocatoria, teñen permitido impulsar proxectos na provincia por importe superior a 1 millón de euros.
Así mesmo, continuou o director, o Galicia Exporta Dixital acaba de pechar o prazo de presentación de solicitudes, e permite apoiar a pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital. Un programa que, desde a súa posta en marcha, impulsou xa 22 plans empresariais de internacionalización dixital na provincia de Lugo por valor de máis de 700.000 euros.
Este programa, explicou Guldrís, ao igual que o resto de accións comprendidas na Estratexia de Internacionalización, contribuíron ao récord acadado polas vendas ao exterior da Comunidade, que superaron os 25.000 millóns de euros o pasado exercicio, marcando un novo teito histórico cun incremento do 21,1% con respecto ao 2020.
O director do Igape afondou tamén nalgunhas das iniciativas emprendedoras que se están a poñer en marcha, entre as que citou a activación dunha nova edición da rede de espazos de coworking, -con tres sedes na provincia lucense: A Mariña (Mondoñedo); A Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) e Palas de Rei, vinculado ao Camiño de Santiago- que contribuíron xa á creación de 400 novas empresas en contornas rurais; ou as liñas Galicia Emprende e Galicia Emprende Rural, que suman máis de 130 proxectos impulsados na provincia de Lugo.
E no tocante ao financiamento, destacou a recente posta en marcha dunha nova liña de préstamos avalados que ten como obxectivo facilitar liquidez a todas as empresas galegas —entre elas, as estacións de servizo— para afrontar os incrementos dos prezos de materias primas e subministracións.
Fábrica de fibras téxtiles
Neste contexto, tanto os representantes da CEL como o propio director do Igape destacaron o efecto tractor que podería ter o complexo de fibras téxtiles que Altri anunciou onte mesmo para Palas de Rei, cun investimento de algo máis de 800 millóns de euros e da creación de 2.500 empregos directos e indirectos.
Neste escenario, púxose en valor a importancia dos fondos europeos Next Generation, que supoñen unha oportunidade para facilitar a transformación económica e social do tecido produtivo galego. A Xunta leva tempo traballando en distintas propostas que considera que deben ser impulsadas mediante estes fondos, que se canalizan en gran parte a través dos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (Perte).
Entre os Perte xa en marcha, destaca a importancia do centrado no Vehículo Eléctrico e Conectado; o Perte da Saúde de Vangarda; o de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento; e o da cadea Agroalimentaria Intelixente e Sostenible. Todos eles xa aprobados polo Goberno central e no marco dos cales Galicia aspira a impulsar diferentes proxectos transformadores da industria que contribúan, tamén, ao impulso tecnolóxico das pemes da comunidade.
Novo webinar presentación Programa Galicia Exporta Empresas Convocatoria 2022
A Xunta, a través do Igape, publicou recentemente a convocatoria da liña Galicia Exporta Empresas para o ano 2022, programa de apoio ás empresas galegas para acceder a novos mercados no exterior.
O obxectivo deste webinar é informar sobre estas axudas e, concretamente, sobre os requisitos e proceso de tramitación desta axuda así como mostrar as similitudes e diferencias relativas ás anteriores convocatorias.
Nesta convocatoria, destaca como novidade a implantación do método de “custos simplificados” que ten como obxectivo fundamental facer á tramitación e posterior cobro das axudas máis áxil e sinxela.
- Día: Martes, 3 de maio de 2022
- Hora: 10:00 horas ESP
- Programa e inscripcións.
Novas liñas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta OOII: método custos simplificados
A Xunta, a través do Igape, publicou recentemente a convocatoria da liña Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, programa de apoio ás empresas galegas para acceder a novos mercados no exterior e programa de apoio aos organismos sectoriais para organizar actuacións e participacións conxuntas de empresas con fin de acceder a novos mercados no exterior.
Nesta convocatoria, destaca como novidade a implantación do método de “custos simplificados” en ambas liñas e que ten como obxectivo fundamental facer á tramitación e posterior cobro das axudas máis áxil e sinxela.
NOVO WEBINAR PAÍS DESDE A ANTENA IGAPE EN MARROCOS: Market Update & Oportunidades de negocio 2022
Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo Webinar País coas Antenas do Igape en cada país. O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos, neste caso, a Marrocos.
A Antena Marrocos informará, o mércores 27 de abril, sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e as claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.
- Día: miércoles, 27 de Abril de 2022
- Hora: 09:30 horas ESP/ 07:30 horas MARC.
- Programa e inscripcións.
Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena Igape en destino, durante o día 27 (12:00 ás 14:00 e 16:00 ás 20:00) e dia 28 de Abril (10:00 ás 14:00 e 16:00 ás 20:00). Solicite a reunión ao realizar a súa inscripción.
Arrancan en Galicia 11 novos espazos coworking, onde xa se levan consolidado preto de 400 empresas e máis de 600 postos de traballo
- Esta rede de apoio ao emprendemento que a Xunta leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI) celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016
- O coworking de Ferrolterra é un dos que se celebra de xeito ininterrompido desde a primeira edición, o que permitiu a posta en marcha de 52 proxectos empresariais na comarca e a xeración de 87 empregos
- A Xunta de Galicia traballa na Axenda de Emprendemento, que recollerá novos itinerarios e instrumentos de apoio a proxectos que leven o apelido innovador, dixital e sustentable
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o espazo coworking que se desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol onde puxo en valor esta iniciativa que a Xunta leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI).
Conde, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou que esta rede de apoio ao emprendemento celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016. De feito, o de Ferrolterra é un dos 11 novos coworking que este ano están activos por toda Galicia. Celébrase de xeito ininterrompido desde a primeira edición, o que permitiu ata o de agora a posta en marcha de 52 proxectos empresariais na comarca e a xeración de 87 empregos.
O vicepresidente económico, que departiu cos participantes nesta iniciativa, apuntou que máis da metade dos proxectos que pasaron polas diferentes edicións dos espazos coworking se consolidaron como empresas: en concreto, 384 que, á súa vez, permitiron a creación de 624 postos de traballo. Ademais, sinalou que máis da metade das persoas participantes, 489, foron mulleres.
Segundo adiantou, a Xunta traballa nunha Axenda de Emprendemento que recolla novos itinerarios e instrumentos de apoio a proxectos que leven o apelido innovador, dixital e sustentable. E, nese sentido, considerou moi positivo o impacto que está a ter esta iniciativa na comarca de Ferrolterra, tan necesitada de salvagardar o emprego industrial.