Super User

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora do Igape, Covadonga Toca visitaron as instalacións da compañía en Bergondo (A Coruña)

Bergondo (A Coruña), 24 de novembro de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora do Igape, Covadonga Toca, visitaron as instalacións da empresa Genesal Energy, en Bergondo, da que destacaron que é un exemplo pola súa implicación na transición enerxética.

A compañía, especializada no deseño, fabricación e venda de grupos electróxenos, vén de poñer en marcha, cos apoios da Xunta de Galicia en materia de autoconsumo, unha instalación fotovoltaica cunha potencia de 56 kWp. A actuación desenvolveuse no marco do seu proxecto OGGY, que Genesal Energy está desenvolvendo para mellorar a xestión enerxética no eido empresarial. Ademais, tamén recibiron axudas do Moves III na súa aposta por unha mobilidade sustentable, así como diferentes apoios para avanzar na dixitalización e innovación tecnolóxica da firma, a través do Igape.

Desde o Goberno galego vaise manter este compromiso de acompañar ás empresas na súa transición enerxética pero tamén dixital. Neste sentido, o orzamento do ano que vén reserva máis de 200 M€ para o Igape co obxectivo apoiar o tecido produtivo e o Inega disporá de preto de 80 M€ para seguir impulsando medidas de aforro e eficiencia enerxética, así como a implantación de enerxías renovables nas empresas galegas, pero tamén nos fogares e administracións.

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Montevideo nunha viaxe institucional que inclúe diversos encontros con empresarios, asociacións e administración pública do país
  • Esta viaxe enmárcase na celebración do Encontro Mundial de Empresarios Galegos no Uruguai, que ten lugar entre hoxe e o vindeiro sábado na procura de reforzar a xa importante relación comercial entre ambas rexións
  • As vendas ao exterior ao Uruguai presentan unha evolución ascendente nos últimos anos, incrementándose un 47,8% no último lustro ata acadar os 30M€

Montevideo (O Uruguai), 16 de novembro de 2023

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nunha viaxe institucional a Uruguai que ten como obxectivo ampliar e mellorar as posibilidades de negocio das empresas galegas no país a través do establecemento de novas alianzas comerciais. Así, O Uruguai configúrase como un mercado cada vez máis importante para o tecido empresarial galego, tanto polo seu potencial de crecemento como polas oportunidades de negocio que ofrece en sectores como a construción, o naval ou a alimentación.

Neste sentido, a viaxe institucional enmárcase na celebración do Encontro Mundial de Empresarios Galegos no Uruguai, que organiza a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), e que se desenvolverá desde hoxe e ata o vindeiro día 18 en Montevideo e en Punta del Este. Mañá está prevista a participación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.

Cómpre salientar que AEGU suma máis de 200 empresarios, exercendo un papel fundamental de cara a facilitar a implantación de empresas galegas no país suramericano e para reforzar os vínculos comerciais. Unha relación que segue a medrar nos últimos anos, como amosa a evolución ascendente das exportacións galegas no país, que se incrementaron un 47,8% no último lustro ata acadar os 30 M€.

A celebración do Encontro Mundial de Empresarios Galegos no Uruguai facilitará impulsar novos negocios ao contar o evento coa presenza de representantes de asociacións e delegacións de empresarios do Uruguai, Galicia, Cataluña, Estados Unidos, China, México, Paraguai, Brasil e Arxentina.

Neste marco, a viaxe inclúe tamén diversas reunións con empresarios, asociacións e administración pública do país na procura de reforzar os lazos comercias co Uruguai. Así, a directora do Igape manterá hoxe encontros con representantes da Cámara Nacional de Comercio e Servizos do Uruguai, da Cámara Metalúrxica e Cámara de Industrias Navais, e tamén con representantes do Ministerio de Relacións Exteriores do Uruguai.

A posterior celebración do Encontro permitirá afondar nas posibilidades de negocio, reforzando a alianza coas asociacións de empresarias e empresarios galegos no exterior, favorecendo tanto o incremento das exportacións galegas como a captación de investimentos cara a Galicia, xa sexa a través de empresarios e empresarias de orixe galega ou de empresariado nativo dos países onde se asentaron.

  • O obxectivo é afianzar as relacións económicas con este Estado ao que xa exportan máis de 170 compañías galegas
  • Avaliaron as oportunidades que ofrece Suráfrica ás empresas galegas no sector pesqueiro, industrial ou das enerxías renovables
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023
 

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, no que avaliaron novas medidas para seguir colaborando no impulso á competitividade das pemes comerciais.

Así, tratáronse diferentes aspectos do futuro plan estratéxico que se está a elaborar para este sector e subliñouse a importancia de desenvolver iniciativas no eido da formación para apoiar a transición dixital do comercio galego.

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Madrid no encontro da Asociación Española de Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADR)
  • Pon en valor que este “ambicioso proxecto sen precedentes” aglutine a máis de 30 empresas que sosteñen máis de 20.000 empregos directos e achegan ao PIB autonómico case 11.000 M€
  • Destaca que a Xunta será socia maioritaria cun 30 % das accións cunha achega de 30 M€ que se desembolsará progresivamente ata 2027
  • Sitúa esta nova sociedade mixta como a “punta de lanza” da futura Lei de recursos naturais de Galicia, que exixirá aos proxectos enerxéticos un estudo do impacto socieconómico e medidas para compensalos
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, o alcalde das Pontes, e as tres organizacións sindicais volveron reclamar a Endesa o compromiso firme para o mantemento do emprego dos traballadores das auxiliares durante os traballos de pre-desmantelamento da central
  • Pon en valor medidas como a nova Oficina Económica de Galicia, que será unha canle única de interlocución coas empresas para prestarlles asesoramento técnico e personalizado
  • Destaca o labor das empresas familiares que apostan por “reinventarse sen renunciar a súa esencia”
  • Agradece a contribución do tecido produtivo a facer de Galicia “unha marca de prestixio” a través dos produtos que exportan por todo o mundo
  • A directora do Igape, Covadonga Toca, mantén un encontro co embaixador da República Dominicana antes de inaugurar, na sede da Confederación de Empresarios da Coruña, a xornada ‘República Dominicana: Un mercado de oportunidade’, onde pon en valor o crecemento das exportacións nun país no que venden máis 250 empresas galegas
  • Subliña a importancia da colaboración público-privada para seguir medrando a través de actuacións como as misións comerciais impulsadas polo Igape no país no 2022 e neste 2023, nas que participaron un total de 11 empresas galegas
  • Resalta a aposta da Xunta pola internacionalización, que está a contribuír a que Galicia acade cifras históricas nas vendas ao exterior e que se materializa en accións como as antenas do Igape ou os programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios
A Coruña, 9 de novembro de 2023
 

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo esta mañá un encontro co embaixador da República Dominicana, Juan Bolívar Díaz Santana, e co conselleiro responsable de Comercio, Investimento e Turismo do país, José Manuel Vargas D’Oleo, cos que participou, tamén, na xornada República Dominicana: Un mercado de oportunidade, que se celebrou na sede da Confederación de Empresarios da Coruña. Uns encontros que permitiron avaliar as novas oportunidades e vías de negocio que ofrece o país centroamericano ao tecido empresarial galego.

“República Dominicana é un mercado no que as exportacións de Galicia seguiron unha liña notablemente ascendente, incrementándose nun 53% durante o último lustro”, subliñou Toca Carús, quen destacou que, hoxe en día, máis de 250 empresas galegas de diferentes sectores exportan ao país, sumando durante o último ano máis de 49 millóns en vendas ao exterior. Esta cifra, afondou, supón un incremento do 8,2% con respecto ao exercicio precedente, e contribúe ao aumento do saldo da balanza comercial galega, que se situaba en 48,5 millóns de euros no 2022, un 52,8% máis que en 2017.

Neste contexto, a directora do Igape sinalou as oportunidades que, para seguir medrando, ofrecen sectores como a construción, a industria agroalimentaria, os bens de consumo, a enerxía ou as renovables. “Desde a Xunta facilitamos e poñemos ao dispor das empresas as ferramentas e apoios necesarios para favorecer a súa saída aos mercados internacionais e para a implantación de novos proxectos”, incidiu.

Un marco no que Toca Carús realzou a aposta do Goberno galego pola internacionalización, que está a contribuír a que Galicia acade cifras históricas nas vendas ao exterior. Un compromiso que, como explicou, se materializa en accións como as antenas do Igape -que permiten acompañar ás empresas nos seus procesos de internacionalización- ou os programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios -para apoiar accións de promoción no exterior e que teñen aberta nestes momentos unha nova convocatoria-.

Nesta liña, a directora do Igape avogou por manter e potenciar a colaboración público-privada para seguir medrando a través de actuacións como as misións comerciais impulsadas polo Igape na República Dominicana nas que, nos anos 2022 e 2023, participaron un total de 11 empresas galegas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión co comité de empresa da compañía Einsa Print para escoitar as demandas dos traballadores da planta das Pontes.

Lorenzana comprometeuse á realización dunha análise da situación que está atravesando a compañía para, tal e como lle trasladou ao Comité, posteriormente convocar á empresa para coñecer os seus plans de futuro.