Super User

O Igape acorda deixar aberto, durante un período de tres meses, o procedimiento de alleamento en poxa pública para a venda de determinados inmobles da súa titularidade situados en diferentes concellos de Galicia.

O inicio do procedemento para a presentación de proposicións, previo á cuarta poxa, foi anunciado Diario Oficial de Galicia.

Os pregos polos quese rexirá a cuarta poxa figuran na páxina web do IGAPE.

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial, Gonzalo Trenor, visitou na Coruña a nova sede de Afigal, que colabora coa Administración autonómica no desenvolvemento desta folla de ruta
  • Xa están en marcha liñas de avais e reavais por valor 80 millóns de euros que priorizan a resposta ás dificultades que atravesan as pemes máis afectadas polas consecuencias da guerra en Ucraína
  • Por primeira vez vanse activar préstamos parcialmente reembolsables, que permitirán ás compañías solicitar conxuntamente axudas e préstamos para financiar os seus proxectos
  • Destaca tamén o programa de transformación empresarial, dotado con 30 millóns de euros, para proxectos de dixitalización, internacionalización e innovación

 

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Coruña a nova sede da Sociedade de Garantía Recíproca Afigal, unha das entidades que colabora coa Administración autonómica no desenvolvemento da Axenda Financeira de Galicia 2022. Tal e como subliñou Conde, con esta folla de ruta a Xunta de Galicia está a mobilizar este ano 400 millóns de euros en medidas de apoio financeiro para o tecido empresarial galego.

O vicepresidente económico fixo fincapé en que, nun contexto económico adverso como o que estamos a vivir, a Administración ten que axudar ás pemes e autónomos para reforzar a súa solvencia e darlle acceso a crédito para que poidan gañar músculo, manter e xerar emprego, e desenvolver proxectos que contribúan á reactivación económica e a competitividade dos sectores estratéxicos galegos.

A Axenda Financeira busca actuar sobre tres ámbitos: o reforzo do capital das empresas, os instrumentos de débeda e a obtención de crédito. No marco desta Axenda, a Xunta de Galicia ten en marcha liñas de avais e reavais por valor 80 millóns de euros, que priorizan a resposta ás dificultades que atravesan as pemes máis afectadas polas consecuencias da guerra en Ucraína e que contan coa colaboración das Sociedades de Garantía Recíproca como Afigal.

Ademais, vanse activar os préstamos parcialmente reembolsables, para apoiar o investimento empresarial combinando financiamento e axudas directas. É dicir, por primeira vez ofréceselles ás empresas a posibilidade de solicitar conxuntamente axudas e préstamos para financiar os seus proxectos. Tamén destaca o programa de transformación empresarial, dotado con 30 millóns de euros, para proxectos de dixitalización, internacionalización, innovación ou consultaría que repercutan sobre a competitividade do tecido empresarial galego.

  • O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Toldos Gómez, empresa especializada no sector que está a impulsar ferramentas tecnolóxicas e de intelixencia de negocio a través do programa de axudas á dixitalización
  • Salientou que a liña leva mobilizados desde a súa posta en marcha máis de 40 M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital e a mellora da competitividade do tecido produtivo galego
  • Na provincia da Coruña aprobáronse ata o de agora máis de 270 axudas por un importe conxunto de case 6 M€
  • O director subliñou tamén outros programas que facilitan a aposta das pemes polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Toldos Gómez

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións de Toldos Gómez, no concello de Arzúa, empresa especializada no sector que suma catro fábricas en Galicia e que está a impulsar, nestes momentos, distintas ferramentas tecnolóxicas e de intelixencia de negocio grazas ao programa de axudas á dixitalización que promove, a través do Igape, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. 

Guldrís resaltou o compromiso coa modernización dos procesos produtivos da empresa   -que se dedica á fabricación de toldos, téxtiles técnicos, carpas e estruturas-, como “motor transformador” de cara a incrementar a súa competitividade. Neste sentido, Toldos Gómez participa desde hai anos en diversos programas de apoios, entre os que destacan as axudas á dixitalización, que permiten avanzar na implantación da fábrica intelixente nos sectores estratéxicos de Galicia.

Neste sentido, o director do Igape subliñou que este programa, activado no ano 2018, leva mobilizados ata o de agora máis de 20M€ en axudas para impulsar a transformación dixital de pemes e autónomos. Só na provincia da Coruña aprobáronse ata o de agora máis de 270 axudas por un importe conxunto de case seis millóns de euros. 

“A dixitalización do tecido produtivo é unha necesidade para a mellora competitiva das nosas empresas. Un proceso de transformación dixital máis prioritario, se cabe, no contexto económico actual”, destacou Guldrís, quen explicou que o programa forma parte do Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio, posto en marcha polo Goberno galego para facilitar a reactivación do tecido produtivo no contexto económico derivado da covid-19. 

Unha aposta, proseguiu, que este mesmo ano tense materializado noutros programas como o InnovaPeme e o DeseñaPeme, que permiten ao tecido empresarial galego desenvolver iniciativas de innovación en produtos, procesos e servizos. 

Neste marco, o director do Igape puxo en valor outros programas que facilitan a aposta das pemes polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Toldos Gómez, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos.

  • O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou en Ponteareas esta empresa que está a impulsar a robotización da liña de cortes dos seus paneis isotérmicos grazas ao programa de axudas á dixitalización 
  • Salientou que a liña leva mobilizados desde a súa posta en marcha máis de 40M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital e a mellora da competitiva do tecido produtivo galego
  • Na provincia de Pontevedra aprobáronse ata o de agora máis de 430 axudas por un importe conxunto de case 11 M€
  • Resaltou outras iniciativas que facilitan o interese das pemes polo desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Carrocerías Dafer, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións de Carrocerías Dafer, no concello de Ponteareas, empresa que desenvolve e constrúe, de modo íntegro e con tecnoloxía propia, todos os compoñentes das pezas que fabrican, e que está a impulsar, nestes momentos, a robotización da liña de cortes dos seus paneis isotérmicos grazas ao programa de axudas á dixitalización que promove, a través do Igape, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. 

“Carrocerías Dafer é unha boa mostra do bo facer das nosas pemes, que apostan pola innovación e a dixitalización como chave da súa mellora competitiva”, salientou Guldrís, quen lembrou que este programa activouse no ano 2018, concedéndose desde entón máis de 20M€ en axudas e mobilizando máis de 40M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital de pemes e autónomos. E só na provincia de Pontevedra aprobáronse ata o de agora máis de 430 axudas por un importe conxunto de case 11 M€. 

“A dixitalización do tecido produtivo é unha necesidade para a mellora competitiva dos nosas empresas. Un proceso de transformación dixital máis prioritario, se cabe, no contexto económico actual”, resaltou Guldrís, quen explicou que o programa forma parte do Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio, posto en marcha polo Goberno galego para facilitar a reactivación do tecido produtivo no contexto económico derivado da covid-19. 

Unha aposta, proseguiu, que este mesmo ano tense materializado noutros programas como o InnovaPeme e o DeseñaPeme, que permiten ao tecido empresarial galego desenvolver iniciativas de innovación en produtos, procesos e servizos. 

Neste marco, o director do Igape puxo en valor outros programas que facilitan a aposta das pequenas e medianas empresas polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Carrocerías Dafer, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos. 

  •  O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por videoconferencia, na Xornada Demostrativa Industria 4.0, onde puxo en valor as posibilidades que ofrece o programa Activa Industria 4.0
  • Guldrís destacou que ante a incerteza do momento actual, xorde “un escenario de oportunidades” cos fondos europeos Next Generation
  • O encontro incluíu demostracións das tecnoloxías aplicables da nova industria e presentacións de caso de éxito en transformación dixital de empresas 

O director do Igape, Fernando Guldrís, destacou hoxe, durante a Xornada Demostrativa Industria 4.0, na que participou por videoconferencia, a importancia dos investimentos que as pemes realizan no ámbito da transformación dixital como instrumentos de impulso da competitividade do tecido produtivo galego. Neste sentido, avogou por facilitar ás empresas galegas as ferramentas necesarias para achegar as tecnoloxías da Industria 4.0, na procura de promover “unha industria mais innovadora, máis forte e máis adaptada ás demandas actuais”.

Guldrís explicou que o programa Activa Industria 4.0, promovido en colaboración coa Secretaría Xeral de Industria e da Peme, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, facilita asesoramento para que as pemes avancen na súa dixitalización, como parte dos obxectivos da Axenda 4.0. “Desde a Xunta temos claro que debemos estar ao carón das empresas, sendo os catalizadores e promotores do desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia”, incidiu. Sobre esta base, o director do Igape afondou nas cifras acadadas na última convocatoria polo programa Activa Industria 4.0, con 28 empresas beneficiadas que xa teñen consultaría asinada e xa están en marcha na plataforma de xestión do programa. “Isto só é posible coa colaboración e o traballo conxunto de todas as institucións, con iniciativas e programas como os que hoxe estamos a poñer en valor”, afondou Guldrís, quen destacou tamén que, ante a incerteza do momento actual, xorde “un escenario de oportunidades” marcado polos fondos europeos Next Generation. 

A xornada celebrada hoxe incluíu demostracións das tecnoloxías aplicables da nova industria, así como presentacións de caso de éxito en transformación dixital de empresas que desenvolven procesos deste tipo, realizadas por representantes do Grupo Marsans e de MRF Solutions.

 

  • O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Vigo na xornada Mobilidade avanzada e sostible. O reto do futuro, onde subliñou o “claro compromiso” do Goberno galego cunha “mobilidade aérea, terrestre e marítima, avanzada e sostible”
  • O encontro celebrouse no marco do programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu, nas cinco primeiras edicións, realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes
  • Destacou a oportunidade que ofrecen os fondos europeos Next Generation para dar resposta aos desafíos da nova mobilidade, marcada pola loita contra o cambio climático e a transformación dixital

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na inauguración da xornada Mobilidade avanzada e sostible. O reto do futuro, no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, onde defendeu a transformación da automoción galega a través dunha cadea de valor dixital, verde e resiliente.

“Galicia é líder na industria da mobilidade, coa automoción á cabeza. En 2021, a industria galega fabricou o 23,6% dos vehículos producidos en España”, subliñou o director do Igape, quen avogou por traballar nunha “mobilidade aérea, terrestre e marítima, avanzada e sostible”.

Neste sentido, Guldrís expuxo a importancia de avanzar cara a unha mobilidade con máis infraestruturas; na que se impulsen os vehículos non contaminantes; máis intelixente, cunha modernización da xestión do transporte público; máis eficiente e segura; e máis competitiva, capaz de “aproveitar ao máximo” o potencial dos portos e as plataformas loxísticas.

“Desde a colaboración público-privada, e poñendo o foco nas pequenas e medianas empresas, temos moi claro que, apoiados nestes fondos, o noso traballo debe ser acompañar aos sectores maduros e tradicionais para evolucionar cara a esa economía máis dixital, verde e innovadora”, salientou Guldrís nun encontro celebrado no marco do programa Capacita Directivos. 

Esta iniciativa, lembrou o director do Igape, inclúe a organización de encontros como o de hoxe que buscan concienciar e promover a colaboración entre empresas, emprendedores, administracións, clústeres e centros de coñecemento. O programa, xa consolidado, permitiu nas cinco primeiras edicións realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes, en presencial e en liña.

Desta volta, os participantes afondaron nas posibilidades que ofrece á industria unha mobilidade avanzada e sostible. Un marco no que o director do Igape destacou tamén a oportunidade que ofrecen os fondos europeos Next Generation para dar resposta aos desafíos desa nova mobilidade, marcada pola loita contra o cambio climático e pola transformación dixital.

Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo WebinarPaís coas Antenas do Igape en cada país.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos, neste caso, a China.

A Antena Igape en China, o mércores 29 de xuño, informará sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.

Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena Igape en destino, durante os días 30 de xuño e 1 de xullo.

Solicite a reunión ao realizar a súa inscripción.

Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo Webinar País.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos a outros países.

Neste caso,  celebramos unha Xornada sobre o mercado de Antioquía e Colombia, un webinar para coñecer as novas perspectivas do comercio internacional e as oportunidades para a internacionalización das empresas galegas en Antioquia e Colombia.

A Cámara de Comercio Española en Colombia e a Secretaría de Productividade e Competitividade da Gobernación de Antioquía, o mércores 22 de xuño, informará sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.

A Xunta através do IGAPE lanza unha nova convocatoria deste lonxevo programa de bolseiros para especialización no ámbito do comercio internacional.

O programa inclue 37 bolsas para Galicia e estranxeiro, cunha dotación máxima de 46.500 € e unha duración de 11 meses prorrogable por outros 11.

A valiosa experiencia que otorga este programa ven refrendada pola alta porcentaxe de empregabilidade dos xóvenes beneficiarios así como pola experiencia única que supón ser bolseiro de internacionalización no actual entorno global. Formación de Talento internacional.

  • Prazo de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
  • Link á convocatoria
  • Este convenio ten por obxecto definir o marco da colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Secretaria Xeral de Emigración e Micro Bank
  • O Igape comprométese a difundir esta liña de financiamento e estudar a viabilidade dos plans de empresa recibidos

O acordo busca potenciar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora favorecendo a igualdade de oportunidades de homes e mulleres. Ademais de financiar o establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas, negocios de autónomos e proxectos de autoemprego co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do tecido produtivo, a creación e consolidación de emprego e a contribución ao progreso social.

Os interesados poden solicitar o informe de viabilidade do seu plan de empresa a través da aplicación establecida e o financiamento MicroBank para retornados nunha oficina de Caixabank en Galicia.

Deste xeito a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, a través do programa retorna, o Instituto Galego de Promoción económica e Nuevo Micro Bank acordan establecer unha liña específica para emigrantes galegos retornados que queiran emprender.